26 decembro 2024

CLUBER


 CLUBER, a plataforma de xestión de clubs deportivos, fixouse na nosa entidade para aumentar a sua presencia na nosa disciplina deportiva. O cal nos levou a alcanzar un acordo entre CLUBER e  Xadrez Das Mariñas de colaboración para as dúas próximas tempadas.

 Polo que a partir de ahora a nosa entidade usara as magnificas ferramentas de xestión de CLUBER, o cal esperamos sexa do agrado de todos.

Moitas grazas pola confianza en nos.





23 decembro 2024

RESULTADOS DO LXXVI TORNEO NADAL ARTESANOS


 Onte, día  22 disputouse no Centro Comercial Espacio Coruña esta edición deste clásico e veteran torneo de Nadal.

Este ano contaba coa participación, entre outros, do Gran Maestro Alex Strikovic, o Masestro Internacional Mariano Ortega, os Maestros FIDE Segio Gerrero, Juan Alberto Gomez, Jose Sande, polo que todo apuntaba a que ia a ser un torneo bastante disputado.

O torneo disputouse a 7 roldas, a un ritmo de xogo de 15 minnutos + 3 segundos de incremento por xogada.

Xogandose nunha primeira sesión en horario de mañá 3 roldas, e na tarde as 4 restantes.

A clasificación final dou un empate a 6,5 ptos nos dous primeiros postos, e os sistemas de desempate predefinidos, otorgaron unha clasificación final asi nos primeiros postos:

1.- GM Alex Strikovic
2.- MI Mariano Ortega
3.- Iago Fernández
4.- MF Juan Alberto Gomez
5.- Marco Morales
6.- MF Jose Sande
7.- Roque Bouza
8.- Manuel Anxo Cabanas
9.- WIM Karla Fernández
10.- Francisco Pedreira

No relativo ó resto de premiados según as categorias foron:

1º Clasificado Veteran: Carlos Calzado (Sigras)

1º Clasificado ELO<1900: Roque Bouza(Ferrol)

1º Clasificado ELO<1700:Isidoro García(Bazán)



1º Clasificado sub-14: Sergio Diniz (Narón)

1º Clasificado sub-12: Alex Lopez ( Ames)

1º Clasificado sub-10: Nuno Moro (CIDU)

1º Clasificado sub-8: Jorge Abella (Casino)


Para a entrega de premios puidemos contar co noso compañeiro de club Jesus Pallas, un histórico e querido xogador de xadrez coruñes, que estando a punto de cumprir 80 anos, ainda segue demostrando un gran nivel de xogo, e unha memoria prodixiosa, de feito recentemente estivome a contar detalles do Cto de España de Clubs do ano 1971, no cal él participou defendento o tableiro 1 do equipo de Artesanos.


Agradecer a todos a súa participación, esperando poder velos de novo na LXXVII edición deste decano torneo do xadrez español a disputarse o domingo 21 de decembro de 2025.






















.

17 decembro 2024

LXXVI TORNEO NADAL ARTESANOS

 Recordade que este domingo, día 22, no Centro Comercial Espacio Coruña, temos unha nova edición do tradicional e histórico Torneo Xadrez Nadal Artesanos.

Un torneo que este ano conta coa colaboración da Diputación da Coruña, Inmobiliaria Domos e Espacio Coruña. 


Relación de inscritos:

https://info64.org/lxxvi-torneo-nadal