23 marzo 2020

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

LIGA  XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

Finalmente a liga vai estar formada por dúas divisións, primeira e segunda, ambas con 7 xogadores. Repartidos so seguinte xeiyo:

PRIMEIRA DIVISION
Xogador                Chess.com ELO Rpd. CLUB
1 Fran Pedreira        franpedre            1832             SIGRAS
2 Rodrigo Pena        RoiandRoll 1718            SIGRAS
3 Fco Garcia            Gaicul05             1673            XDM
4 Dani Codesido       danidt                1626           CIDU
5 Marcos Laiño        MarcosSigras 1607        SIGRAS
6 Carlos Castedo       zerdeja1960 1599        XDM
7 Julian del Rio        jujapa                 1528        BETANZOS

SEGUNDA DIVISION
Xogador                Chess.com ELO Rpd. CLUB
1 Roberto Serrano JoinFreeEasy 1473             CIDU
2 Luis Rodriguez lnewcas              1397             XADREZ FORTE
3 Brais Casas          Magicbrais 1385             CIDU
4 Alvaro Pardo        olwars                -                   SIGRAS
5 Benito Riobo        Elbuitre69 -                   SIGRAS
6 Brais Martinez Nostradamus-GGG33            CIDU
7 Celia Lorenzo       Minerva-GZ -                       CIDU

DESENVOLVEMENTO

ROLDAS

LUNS 23: 1-8 2-7 3-6 4-5

MARTES 24: 8-5 6-4 7-3 1-2

MERCORES 25: 2-8 3-1 4-7 5-6

XOVES 26: 8-6 7-5 1-4 2-3

VENRES 27: 3-8 4-2 5-1 6-7

SABADO 28: 8-7 1-6 2-5 3-4

DOMINGO 29: 4-8 5-3 6-2 7-1

O xogador nº 8 enténdese que é un descanso xa que hai 7 xogadores en cada grupo.

Algunhas cousas das bases:

Fixase unha rolda diaria, ás 22:00. Pódense adiantar de mutuo acordo, mesmo xogar mais roldas nun mesmo día si existe acordo dos xogadores.

Ambos xogadores retaranse na plataforma chess.com cun mach a ritmo de 15 + 10”, unha vez finalizada a partida, enviarase o resultado por wasap (652696531) ou mail.

Na composición dos grupos premendo no nick en chess.com leva ao perfil de cada xogador mesa plataforma para facilitar os retos. 

Hai que respetar as cores, sendo o primero numero de cada emparellamento indicativo das brancas.

* Sistema de ascensos e descensos:
Entre 1 e 2ª división.
Os dous últimos clasificados na primeira división descenderán de categoría para vindeiras edicions. Ocupando a sua praza nesa categoría os dous mellores da segunda categoría.

CADRO FINAL




22 marzo 2020

EQUIPO EN LICHESS

LICHESS.ORG
Dende este sábado contamos cun equipo en lichess.
Xa sabedes que facer unha conta é de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas no club a través desta ligazón: https://lichess.org/team/xdm

Por outra banda xa sabes que en www.xogandocoxadrez.eu colaboramos con AGAX na celebración de moitas actividades. INCUDE as fai a través de CHESS.COM. Podes facer unha conta de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas nun dos clubes que mantén INCUDE a través desta ligazón: https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

19 marzo 2020

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS
(Marzo de 2020)

Bases

O torneo estará aberto á participación de calquera xogador federado ou non que o dexese.

A inscripción será de balde.

Xogarase na plataforma online de chess.com. Polo que é necesario ter creada unha conta de xogo. Para se inscribir deberáse enviar un correo electrónico ao correo xdm@xadrecista.eu indicando nome, ELO FIDE, nick en chess.com e whatsapp de contacto. (Se ambos xogadores están de acordo en xogar a súa partida noutra plataforma tamén poden facelo)

Xogarase unha liga, a un ritmo de  15´minutos + 10´´seg por xogada.

Sistema de xogo:

A Liga Xadrez Online das Mariñas constará de varias divisións. Cos seus correspondentes ascensos e descensos de categoría para posteriores edicions.

Nesta primeira edición, farase unha orde de forza teórica segundo o ELO FIDE Rpd. Os seis primerios serán asignados á primeira división, os 12 restantes á segunda división. Nesta segunda división exitirán dous grupos A e B (tamen de 6 xogadores cada un) os xogadores restantes serán asignados alternativamente a un e outro grupo. O resto de xogadores pasarían a formar parte dunha terceira división.

Dependendo da cantidade de xogadores inscritos, poderase variar o sistema de competición, polo que a organización reservase o dereito a facer modificacións ao respecto, previo aviso neste espazo web e nos grupos de whatsapp.

Unha vez formalizadas as inscripcións (ata o domingo día 22 as 20:00) publicarase neste espazo (www.xadrezdasmariñas.org) a composición dos grupos e o cadro de roldas, asi como as respectivas actualizacións de resultados.

Horario de xogo previsto:

Fixase unha rolda diaria, ás 22:00. Posto que se publicará o calendario completo os xogadores poden adiantar de mutuo acordo a rolda e mesmo xogar mais roldas nun mesmo día, sempre que exista acordo dos xogadores.

Empezarase a xogar o luns día 23.

Ambos xogadores retaránse, respectando as cores indicadas no calendario, na plataforma que escollan e co ritmo sinalado de 15 + 10”. Unha vez rematada a partida, comunicaran o resultado por whatsapp ou correo electrónico.

No caso de incomparecencia dalgún dos xogadores, enviarase unha captura de pantalla onde se vexa o reto a ese xogador, e que non foi aceptado.

Sistema de ascensos e descensos:

Entre 1 e 2ª división.
Os dous últimos clasificados na primeira división descenderán de categoría para a vindeira edición. Ocuparán a súa praza os dous campions da segunda categoría.

Entre 2 e 3 división.
Os últimos clasificados da segunda división descenderán de categoría.
Os campións de terceira ascenderán a xogar en segunda división na próxima edición.
En caso de haber 4 grupos de terceira división, ascenderán os campions dos catro grupos, e descenderán os dous últimos clasificados dos dous grupos de segunda.

Os participantes autorizan a publicación dos seus datos nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listado de resultados, clasificacions, partidas, ,….).

A participación no campeonato, supón a aceptación destas bases.

Consulta mais actividades estas datas en www.xogandocoxadrez.eu