14 marzo 2018

Cumprimos 5 anos

Hoxe 14 de marzo, estamos de aniversario.
Hai cinco anos celebrabamos a xuntanza fundacional aproveitando a celebración do Campeonato Galego Universitario en Elviña.
Xa de anos antes viña existindo o Xadrez das Mariñas nas competicións escolares da Xunta, como unha selección dos rapaces de CIDU, Sigrás e Betanzos.
Na foto tres dos cinco fundadores ese día. Non aparecen dous, entre eles o noso presidente.
A mellor celebración sería conseguir este fin de semana todos os obxectivos deportivos que podemos alcanzar na Liga Galega e no Xogade da Xunta.

12 marzo 2018

1ª Xornada do Xogade

O domingo tivo lugar a primeira xornada do Xogade.
O pavillón Sofía Toro acolleu o multitudinario torneo que deixou, ao final deste primeiro día ao noso club encabezando as tres categorías.
O vindeiro domingo teremos a segunda e última xornada, na que teremos moito que loitar para manter esta situación.
A clasificación nas categorías alevín e benxamin serán moi loitadas.