05 outubro 2021

RESULTADOS DO TORNEO POR EQUIPOS

TORNEO DE XADREZ POR EQUIPOS
Campionato dás Mariñas

O pasado día 25 de setembro disputouse a nova edición da liga de xadrez por equipos das Mariñas (organizada por Xadrez das Mariñas e Escola Xadrez Sigras, coa inestimable colaboración do Concello
de Cambre), que formaba parte dun interesante fin de semana de xadrez no que AGAX incluiu tamén un torneo individual.
Nesta ocasión foron 14 equipos os participantes, 8 en primeira división, divididos en 2 grupos de 4, e 6 en segunda división. Primeira división disputouse en dúas fases, unha primeira en liga en dous grupos de 4, e unha segunda fase para decidir a clasificación final, que enfrontaba directamente ao primeiro dun grupo contra o primeiro do outro, decidíndose así o campión e subcampion, enfrontamento entre os segundos de cada grupo para decidir o terceiro e cuarto posto, enfrontamento entre os terceiros para decidir o quinto e sexto posto, e loita entre os cuartos para decidir o sétimo e oitavo posto. Segunda división disputar polo sistema liga. Tras un sorteo inicial, para ver que equipo ía a cada grupo, os grupos quedaron da seguinte forma:
Grupo A : Macondo (subcampeon anterior edición), Xadrez Betanzos Lugami (campión anterior edición), TDFC (terceiro clasificado edición anterior), Xadrez Dás Mariñas-CIDU
Grupo B : Regatas Perillo, Escola Xadrez Sigras, Alexandre Boveda, Smyslov Sada. 

As clasificacións finais desta primeira fase en primeira división foron:

GRUPO A 
MACONDO 
XADREZ BETANZOS 
TDFC 2 
XDM-CIDU 

GRUPO B 
REGATAS PERILLO
E.X. SIGRAS 
Alexandre Boveda 
SMYSLOV SADA 

Dificil desempate no Grupo A que levou a unha segunda fase que deparounos os seguintes enfrontamentos e resultados:

MACONDO vs E.X. SIGRAS 2,5-1.5
X. BETANZOS vs A.BOVEDA 2 - 2
SMYSLOV SADA vs TDFC 0 - 4
XDM-CIDU vs R. PERILLO 3 - 1

O que nos deu unha clasificación final en primeira división así:
1. - Macondo (A Coruña)
2. - Escola Xadrez Sigras
3. - Alexandre Boveda (A Coruña)
4. - Xadrez Betanzos Lugami
5. - TDFC (A coruña)
6. - Smyslov Xada
7. - Xadrez dás Mariñas-CIDU
8. - Regatas Perillo

Pola súa banda, como xa comentamos, a segunda división estivo formada por 6 equipos que disputaron unha liga, sendo así o resultado final:

1. - Mirko I
2. - Sporting Club Casino
3. - Mirko II
4. - X. Betanzos Porto de Paula
5. - Smyslov Sada
6. - Escola Xadrez Sigras

Nas imaxes que ilustran esta nova aparecen os cadros detallados e algunhas fotos do evento realizado en Vila Concepción.

20 setembro 2021

TORNEO DE XADREZ POR EQUIPOS

O Campionato das Mariñas
xogarase o día 25 de setembro de 2021. 

Teremos unha primeira división con oito equipos (Darase prioridade á orde de clasificación da ultima edición). E haberá unha segunda división se o numero de equipos inscritos así o require. 

A inscrición será gratuíta. 

Para inscribir ao equipo, deberase enviar un correo electrónico á dirección xdm@xadrecista.eu indicando nome do equipo e compoñentes do mesmo. Así mesmo, indicarase o nome e teléfono da persoa que actuará de delegado do equipo. 

Os equipos comporanse de forma completamente libre, é dicir, no mesmo equipo poderán xogar xadrecistas de distintos clubs, idades, etc, dado que é un torneo de adestramento oficial, imprescindible todos os xogadores esten federados. Sempre cun mínimo de 4 xogadores por equipo e un máximo de 8. Os xogadores deberán cumprir en todo momento o PROTOCOLO FISIOCOVID-DXTGALEGO PARA XADREZ para competición (antes, durante e despois) para os axentes participantes. 

Xogarase unha liga en grupos de 4 equipos, a 10´minutos + 3´´seg por xogada, e unha fase final que enfrontará a primeiro contra primeiro, segundo contra segundo, terceiro contra terceiro e cuarto contra cuarto, dando lugar así á clasificación final do 1 ao 8. 

As bases poden verse nas imaxes que acompañan esta nova.





03 xaneiro 2021

A FEDERARSE 2021

Empeza 2021 e é necesario anovar as lienzas da Federación Galega de Xadrez.

Tamén este ano necesitamos cambiar a Xunta Directiva, polo que aproveitamos e fixemos un formulario para saber por un lado quen vai xogar e as condición nas que o faría.

A Federación proxecta iniciar a Liga no mes de marzo, segundo como teñamos a situación da COVID, pero nos próximos días teremos que indicar o número de equipos que imos presentar a esta competición.

A cota conxunta de socio en XADREZ DAS MARIÑAS e AGAX é de 30 euros.
Se xa es socio de AGAX (ou non queres selo) a cota é de 25 euros.

Ademais da licenza federativa, no caso dos socios que se fagan tamén socios de AGAX recibirán unha camisola, unha máscara e un pequeno bote de xel desinfectante para levar ás partidas.

Agradecemos que fagades a inscricion pronto polas peculiares características deste ano e saber cantos equipos podemos presentar.