20 agosto 2016

17 agosto 2016

BASES DO XVI TORNEO XADREZ “AGOSTO EN CAMBRE”

Primeira.- O XVI Torneo Xadrez “Agosto en Cambre” celebrarase no pavillón Sofia Toro
de Cambre (detrás do Concello) o sábado 20 de agosto de 2016.

Segunda.- Xogarase por sistema suízo a sete roldas. Ritmo de xogo 15 minutos por
xogador + 5 segundos xogada

Terceira.- O Torneo comezará coa presentación dos xogadores ás 10:30 da mañá e
rematará coa entrega de premios as 20:00 horas.
1ª Rolda: 10:45h
2ª Rolda: 11:45h
3ª Rolda: 12:40h
4ª Rolda: 16:15h
5ª Rolda: 17:05h
6ª Rolda: 17:55h
7ª Rolda: 18:45h
20:00h entrega de premios

Cuarta.- A inscrición é gratuíta e a súa formalización é obrigatoria para todas as
categorías. O prazo de inscrición rematará o día 19 de agosto ás 21:00
(escolaxadrezsigras@hotmail.com)

Quinta.- A organización reservase o dereito de eliminar a todo xogador que non se
presente a unha das roldas.

Sexta.- O emparellamento realizarase por sistema informático contra o que non se
poderán presentar reclamacións.

Sétima.- Será o arbitro quen decida a colocación dos reloxos.

Oitava.- A orde de aplicación dos sistemas de desempate sortearase ao rematar o
torneo de entre os seguintes: Progresivo, Bucholz Total e Bucholz Medio.

Novena.- Os premios non son acumulables, sempre se entregará o de maior contía. O
pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria. Con carácter previo ao
pagamento comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas
tributarias e coa seguridade social.
Para o pago dos premios é necesario a presentación do DNI ou documento que
acredite a identidade do deportista. A organización facilitará unha ficha aos premiados
para cumprimentar os seus datos fiscais e asinarán unha autorización para comprobar
que estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Décima.- Todo o non especificado nestas bases rexerase polas normas e
regulamentos da Federación Internacional de Xadrez (FIDE).

Undécima.- Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos
persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere
oportunos para a necesaria difusión do evento (listados de resultados, clasificacións,
participantes, xogos, fotos, etc)

Duodécima.- A participación neste torneo supón a aceptación das bases.

PREMIOS XVI TORNEO XADREZ “AGOSTO EN CAMBRE” 2016
XERAL
1º PREMIO 300 € + TROFEO
2º PREMIO 150 € + TROFEO
3º PREMIO 100€ + TROFEO
4ºPREMIO 80+ TROFEO
5ºPREMIO 50+TROFEO
ELO FIDE <1900
1º PREMIO 50 € + TROFEO
SIN ELO FIDE NIN FEDA
1º PREMIO 50 € + TROFEO
LOCAL
1º PREMIO 80 € + TROFEO
2º PREMIO 30 € + TROFEO
OUTROS PREMIOS
1º Clasificado sub-18 50 € + TROFEO
1º Clasificado sub-16 TROFEO
1º Clasificado sub-14 TROFEO
1º Clasificado sub-12 TROFEO
1º Clasificado sub-10 TROFEO
1º Clasificado sub-8 TROFEO
Importe total dos premios económicos: 940 euros

15 maio 2016

Campións provinciais de xadrez en categoría alevín

O club Xadrez das Mariñas proclamouse onte campión provincial de xadrez en categoría alevín.

O equipo impúxose en todos os encontros disputados contra os outros tres que se clasificaran de toda a provincia para a final a catro.

Totalizando 10 puntos e medio dos doce posibles, a primeira praza logrouse cunha diferenza notable co segundo clasificado; o Escola Técnica de Xadrez.

Integraron o equipo tres rapazas e tres rapaces, xa que aínda que nesta categoría existe unha modalidade feminina, o nivel das xogadoras do Xadrez das Mariñas era claramente superior e o club apostou pola non segregación.

O equipo estivo integrado por Nicolás Domínguez, Noa e Vera García-Muñoz, María García, Daniel García e Mario López e outra das decisións do club foi que os teóricos suplentes xogasen tantas partidas como os titulares, sen que o fomentar a participación supuxese ningunha baixada do nivel de xogo, que se mantivo ao longo de toda a proba.

Xadrez das Mariñas integra a xogadores de diferentes clubs pequenos da comarca, que desde hai anos colaboran na promoción do xadrez escolar.

Felicidades para os campións provinciais e tamén para todos os que participaron nas fases anteriores e noutras categorías.