10 novembro 2024

RECOÑECEMENTO ÓS CAMPIONS LIGA GALEGA SEGUNDA DIVISION

Fai 4 temporadas xuntanse para formar o "primeiro equipo" de Xadrez das Mariñas, entre outros, cinco dos integrantes do actual "primeiro equipo"(Jesús Pallas, Francisco García, Alfonso Iglesias, Jesús Rodriguez e Luis Nuñez), nesa primeira temporada xa logran proclamarse campións de liga na terceira división facendo un 92,5% dos puntos en xogo.

A temporada seguinte entra a formar parte do equipo Roberto Souto, e logran novamente proclamarse campions de liga, esta vez en segunda división, por diante dos dous grandes favoritos como eran o equipo de Betanzos (actualmente en Preferente) e o Smyslov Sada (actualmente en primeira).

A tempada pasada, 2023, para afrontar o seu debut na primeira división, apostaron por darlle ocasión de disfrutar esa categoría ós mesmos que lograron o ascenso e non se fixo ningún reforzo, o reves, pois contamos con baixas a ultima hora por enfermidade.  Lamentablemente non se logrou evitar os postos de descenso.

Para esta temporada 2024, o equipo contou co reforzo de Marcos Martínez, cun claro obxetivo de retornar a primeira divisón, algo que creo se fixo "pola porta grande" logrando una clara victoria con 35 ptos dos 44 posibles, e sacando 4,5 ptos de ventaxa ó segundo clasificado.


Desde a directiva do clube Xadrez Das Mariñas, tiñamos pendiente sorprendelos cun pequeno agasallo para recordar este novo titulo de liga. Por desgraza foise pospoñendo pola dificultade de poder reunir ó equipo completo por un ou outro motivo. Pero finalmente onte deuxe a ocasión de darlles un pequeno trofeo a cada un deles en recordo.



De pe (esquerda a dereita) Marcos Martínez, Alfonso Iglesias, Roberto Souto, Luis Nuñez, Jesús Pallas; aseonllados: Francisco Garcia e Jesús Rodriguez.


Enhoraboa a todos, e .... tras 3 campionatos gañados nas ultimas 4 temporadas, pois ......quedamos a espera de ver o que sodes capaces de facer nese regreso a Primeira división para a liga 2025.






05 novembro 2024

III TORNEO XADREZ REI DE MESA

 Este sábado 9 de novembro, celebraremos na Casa da Cultura de Vila Concepción, a edición deste ano do Torneo Xadrez Rei de Mesa.

Presentación xogadores as 16:45

Incio do Torneo as 17:00 


Bases

 

1.- O torneo celebrarase o día 9 de novembro de 2024 na Casa da Cultura Vila Concepción

 

2.- O ritmo de juego será de 5 minutos finish, sistema enfrontamentos “REI DE MESA”

 

3.- Xogarase inenterrumpidamente durante 2 horas. Sendo a presentación e a confirmación dos xogadores no mesmo local de xogo as 16:45, iniciandose os enfrontamentos as 17:00. Inscripción gratuita.

 

4.- O número máximo de xogadores limitase a 30 participantes, que serán divididos por sorteo en tres grupos iguais, A, B e C (si o número final de participantes non é múltiplo de 3, dividiranse de maneira que los grupos A e B teñan o mesmo número de xogadores)

 

5.- Na ronda inicial enfrontaranse os xogadores do  grupo A contra o B (A1-B1; A2-B2; A3-B3; ….) quedando os xogadores do grupo C a  espera de ir entrando por orden no lugar dos xogadores que vaian perdendo as sus partidas.

 

6.- Unha vez acabada a partida, o gañador dará o resultado, mentras que o perdedor coloca as pezas para despois levantarse deixando o seu sitio a un novo xogador.

 

7.- Si o jugador chamado para entrar, non se presenta na mesa arbitral en menos de 30 segundos, pasara ó final de la lista, chamandose ó seguinte da mesma.

 

8.- O xogador que gaña continua xogando na mesma mesa, escolle cor para a seguinte partida, e xogará con 1 minutos menos do que xogou na anterior partida (nunca menos de 1 minuto)

 

9.- En caso de taboas, saldrá da mesa, o xogador que contaba con máis tempo, en caso de ser igual, o que xogou con brancas.

.

10.- En caso que o gañador, decida descansar, pasara a ocupar lugar na lista de reserva, e entraran a xogar os dous seguintes da lista, sendo o  primeiro de eles quen xogue con brancas, ambos con 5 minutos.

 

11.- Os xogadores podrán ausentarse da competición e regresar posteriormente a  mesma. Deben notificar ó arbitro a súa “ausencia temporal” e cando notifiquen o regreso, incorporaranse no último lugar da lista de espera.

 

12.-  A falta de 3 minutos para as 2 horas inenterrumpidas de torneo, o arbitro notificará que se cerra o inicio de novas partidas, quedando finalizado o torneo para os xogadores que están na lista de espera, e segundo vaian rematando as partidas en xogo, rematará a competición para os que estaban a xogar nese intre.

 

13.- A suma total dos puntos obtidos será a puntuación final no torneo do jugador.

 

14.- Desempates:

•   Maior porcentaje de puntos conseguidos

•   Maior número de victorias

•   Maior número de puntos con negras

•   Sumatorio resultados particulares

•   Sorteo

                

15.- Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para la necesaria difusión do evento (listado de resultados, clasificacions, partidas, fotos,….).

 

16.- A participación no torneo, supón a aceptación destas bases.

 

        ORGANIZA:          

        


COLABORAN:











 





C



 

 


04 novembro 2024

LIGA OUTONO POR EQUIPOS

 O pasado 31 de outubro, coincidindo coa festa do Samain,  celebrouse no Centro Comercial Los Rosales unha nova edición da liga de Outono por equipos. Nesta edición participamos con 3 equipos, cun obxetivo claro que era revalidar o titulo logrado o ano pasado. 

O resultado final foi mellor do esperado:

CAMPIONS LIGA OUTONO 2024


Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
(Marcos, Marcos e Francisco)

SUBCAMPIONS LIGA OUTONO 2024


Xadrez Das Mariñas 
(Florencio, Hugo e Adrián R)

E cuarta posición para Xadrez Das Mariñas - Tall. Hércules (Alan, Nalda e Adrián I.)