03 xullo 2024

I CTO. BLITZ XADREZ DAS MARIÑAS 2024

 Data: Sábado 20 de xullo de 2024.

Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

Sistema de xogo: suizo a 5-6 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 3´ + 2” incremento por xogada.

Horario de xogo: 11:00 presentación, 11:15 1ª rolda, 13:00 clausura.

Emparellamentos: Realizaránse mediante programa informático, Non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes do inicio da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez blitz. Aberto á participación de calquera xogador con licencia en vigor. A organización poderá tramitarlle a mesma ó xogador que carezca dela.

Inscricions: GRATUITA no email xdm@xadrecista.eu ou no whatsapp 652696531 ata o venres 19 de xullo, ás 22:00 ou acadar o limite de 50 xogadores. (Nome, apelidos, ELO BLITZ e clube).

Desempates: Sortearanse ó remate do torneo entre: Encontro Directo, Bucholz corte-1 (BH-C1), Bucholz Total, Progresivo e Media de Elo dos rivais -1 (ARO-C1).

Premios:

Trofeo para os 3 primeiros da clasificación xeral, trofeo para o mellor sub-16 e medalla para o resto de participantes.


Regras de xogo:

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación que se considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…) A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial www.xadrezdasmariñas.org.

                                                                              

 ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA:






16 xuño 2024

RESULTADOS V LIGA XADREZ DAS MARIÑAS POR EQUIPOS

 Onte disputouse a V liga Xadrez das Mariñas por equipos, coa participación de 74 xogadores repartidos nos 14 equipos que finalmente participaron. 

PRIMEIRA DIVISION

Como xa ben sendo habitual, xogouse nunha primeira fase duas ligas de 4 equipos, para despois pasar os dous primeiros de cada grupo a loitar polos postos 1 ó 4, e os dous ultimos do posto 5 ó 8.

A clasificación final en primeira división foi:

1. Xadrez Das Mariñas

2. Mirko A

3. Escola Xadrez Culleredo

4. Club Ajedrez Betanzos

5. Escola Xadrez Sigras

6. CIDU

7. Mirko B

8. AAVV Sigras                                                                                                                                    Equipo Campion 1º Division: Xadrez das Mariñas


SEGUNDA DIVISION

Xogouse por sistema de liga

A Clasificación final en segunda división foi:


1. CIDU B

2. Mirko C

3. Club Ajedrez Betanzos B

4. Regatas Perillo

5. Escola Xadrez Culleredo B

6. XDM- Sigras


                                                                                  Equipo Campion de segunda división, CIDU B






09 xuño 2024

 

TORNEO PRIMAVERA EN LOS ROSALES

Onte disputouse este torneo no CC Os Rosales, e contou coa presencia de tres dos nosos compañeiros, David, Adrian Quevedo e Felix.

Como era bastante previsible non remataron nos postos de podium, pero tampouco era ese o seu obxetivo, o cal si lograron, pasar unha tarde agradable xogando ó xadrez, e irse preparando para todos os torneos veraniegos que nos veñen por diante. O seguinte ..... V LIGA POR EQUIPOS DAS MARIÑAS o próximo sábado 15.