11 decembro 2022

LXXIV TORNEO DE NAVIDAD

A Asociación Galega de Xadrecistas convoca a 74ª edición do Torneo de Navidad, un dos mais antigos de España.

Tras dous anos especiais pola pandemia, agardamos volver á certa normalidade. A actividade conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración do Círculo de Artesanos e de Xadrez das Mariñas, como entidade que absorbió ao Club de Xadrez de Artesanos.

Nome do Torneo: LXXIV TORNEO DE NAVIDAD

Data: 18 de decembro de 2022.

Lugar: Círculo de Artesanos (San Andrés, 36 - A Coruña).

Ritmo: 15 minutos finish

Horario:

1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 19,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías Absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeo para o mellor renior (>55 anos)

Medalla para todos os participantes.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: De balde.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

24 outubro 2022

Torneo Rei de Mesa

Este sábado 29 teremos o II Torneo Rei de Mesa, como saben os que disputaron a primeira edición é unha proba distinta na que o que gaña segue na mesa a cambio de ter menos tempo.

Nesta segunda ocasión será en Vila Concepción (Cambre).

Toda a información nas imaxes que acompañan esta nova.




01 xuño 2022

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR


O pasado sábado, 14 de maio,  disputouse a fase provincial de xadrez de deporte escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, para esta fase clasificábanse só os campións de cada  fase intercomarcal (Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia) os cales xa habian superado unha primeira criba, pois para aceder á fase intercomarcal, debes ser campión da fase local que che corresponde. Todo iso non leva a poder afirmar que neste Cto Provincial, estan sen dúbida, os  mellores equipos da provincia de cada categoría (Infantil, Alevin e Benjamin).

Os equipos de As Mariñas demostraron que o xadrez escolar na nosa zona goza de boa saúde. Non en balde, todos os equipos campións na fase local de As Mariñas, pasaron o corte da fase intercomarcal, acediendo á fase provincial, sendo nela 5 equipos dos 14 equipos participantes.

As entidades con mais equipos representados foron o Club Xadrez Ames e Xadrez dás Mariñas, ambos con 3 equipos, Circulo Ferrolán de Xadrez con 2 equipos e cun equipo Club Xadrez Smyslov (Sada), Mirko (Cambre), Peleteiro de Santiago, Xadrez Oroso, Colexio Obradoiro e Cee.

A excepción do Club Xadrez Ames, ao resto #notar falta de ritmo nesta volta ás competicións oficiais tras a ?estapa covid?, isto lévolles a ser o gran vencedor do campionato, logrando gañar as categorias Infantil Mixto, Alevin Mixto e Benjamin Mixto. O segundo equipo máis laureado foi o Xadrez dás Mariñas, con dous subcampeonatos (Alevin mixto e Alevin Feminino) e un terceiro posto (Infantil Mixto). O campión Alevin Feminino foi o Colexio Obradorio, e o Campión Benjamin Feminino o Mirko.

Dos equipos dás Mariñas, ademas dos 3 trofeos de XDM e o de Mirko, mencionar o subcampeonato en Bejamin Mixto do equipo Xadrez Smyslov de Sada.