23 xuño 2019

RESULTADO I TORNEO EQUIPOS XADREZ DAS MARIÑAS

Este sábado 22 celebramos a primeira edición dun novo torneo por equipos, que herdeiro daquela Liga de Outono que xogaramos nos anos 90 moitos, introducía diferentes innovacións como o sistema de puntuación ou de desempates.

A clasificación final foi como segue:

1. XADREZ BETANZOS, 11 puntos

2. MACONDO, 10 puntos

3. TDFC, 9 puntos (13,5 desempate)

4. CIDU, 9 puntos (desempate 12)

5. SIGRAS, 8 puntos

6. ARZUA-CARRAL, 7 puntos

7. XADREZ DAS MARIÑAS, 6 puntos

8. REGATAS PERILLO, 4 puntos

9. XDM INFANTIL, 3 puntos

10. XDM CALASANZ, 1 punto

Podes ver mais fotos no nos Facebook (preme)

Lembramos que este domingo Día de San Xoan hai un torneo amigable de rápidas ás 18,00 no Sporting Club Casino na rúa Real.


19 maio 2019

Fin dun ciclo


Neste mes de maio os noso xogadores do 2005 remataron a súa andaina nos xogos escolares da Xunta, tras facer xuntos os dous anos de alevín (ambos como campións provinciais) e outros dous en categoría infantil (neste caso subcampións provinciais)

Dende que empezamos con este programa de unión en Xadrez das Mariñas, coa colaboración de varios clubs esta foi unha das xeracións mais destacadas.

Hai algunhas preguntas e aspectos que o paso destes rapaces debería levar a meditación na nosa organización.

Por exemplo é evidente que alguén debería cuestionarse (pero lle corresponderá as mulleres facelo) se hai necesidade de xadrez feminino. O noso equipo sempre foi a metade feminino. É necesario manter unha categoría aparte? Estamos indicando que é mais dificil para elas?

Por qué segue sen haber campionato galego?
Desaparecido pola crise non parece que ningúen pense en recuperalo pese ao baixo custo.

É interesante ver que os resultados mellores obtiveronse coa escola con menos de vinte alumnos na Coruña e agora que pasamos do centenar non parece que os resultados mellorasen.

O resto de escolas, nomeadamente Noia o gran rival na provincia nestes catro anos, teñen grupos con moitas mais horas de clase para os rapaces.

Seguramente estes dous últimos puntos sexan dos aspectos mais salientables na organización do vindeiro curso e seguintes. Subir o nivel e aumentar horas.

Periodo de reflexión en que xogadores, pais, monitores e directivos están invitados a aportar propostas.

Pero con todo hai que quedarse coa excepcional labor deste grupo, que podemos ver nas fotografías destes catro ano e nos que habería que engadir outros xogadores, coma os irmáns Anzola, que contribuiron nas fases previas á provincial.

Noraboa a todos e a marcarse novos retos!.



13 maio 2018

Subcampions provinciais

En 2016 e 2017 o noso club foi campión en categoría alevín. Un equipo integrado por xogadores de Coruña e Betanzos. Este ano subían de categoría; a categoría infantil.
E quedamos subcampións, por detrás do equipo de Noia, algún dos xogadores do equipo vencedor comentou que "xa tocaba". Agardamos ter un novo choque con estes duros rivais (cos que só nos separou un punto) o vindeiro ano.
E este ano tamén estreabamos na fase provincial un equipo ba categoría benxamin, todo con xogadores de primeiro ano... e tamén logramos o subcampionato.
Con estes resultados estamos a convertirnos nun dos referentes do xadrez escolar en Galicia e agardamos que a traxectoria siga no futuro

03 abril 2018

Día 14 intercomarcal

O día 14 teremos o intercomarcal. Realmente non o fixemos moi mal na fase inicial.
Este foi o resume da mesma:


14 marzo 2018

Cumprimos 5 anos

Hoxe 14 de marzo, estamos de aniversario.
Hai cinco anos celebrabamos a xuntanza fundacional aproveitando a celebración do Campeonato Galego Universitario en Elviña.
Xa de anos antes viña existindo o Xadrez das Mariñas nas competicións escolares da Xunta, como unha selección dos rapaces de CIDU, Sigrás e Betanzos.
Na foto tres dos cinco fundadores ese día. Non aparecen dous, entre eles o noso presidente.
A mellor celebración sería conseguir este fin de semana todos os obxectivos deportivos que podemos alcanzar na Liga Galega e no Xogade da Xunta.

12 marzo 2018

1ª Xornada do Xogade

O domingo tivo lugar a primeira xornada do Xogade.
O pavillón Sofía Toro acolleu o multitudinario torneo que deixou, ao final deste primeiro día ao noso club encabezando as tres categorías.
O vindeiro domingo teremos a segunda e última xornada, na que teremos moito que loitar para manter esta situación.
A clasificación nas categorías alevín e benxamin serán moi loitadas.

13 febreiro 2018

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

No cumprimento dos estatutos do Club Xadrez das Mariñas, o presidente deste entidade ven de convocar

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Que se desenvolverá o sábado día 24 de febreiro na Sala de Xadrez da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.
Primeira convocatoria: 16,00.
Segunda e última convocatoria: 16,30

Orde do Día.

1. Situación actual do Club XDM no terreo deportivo e económico.
2. Acordo coa reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.
3. Cese da actual Xunta Directiva por ter transcurrido o prazo regulamentario.
4. Elección da nova Xunta Directiva.
5. Pregos e enquéritos.


A Coruña, 13 de febreiro de 2018.