23 xuño 2019

RESULTADO I TORNEO EQUIPOS XADREZ DAS MARIÑAS

Este sábado 22 celebramos a primeira edición dun novo torneo por equipos, que herdeiro daquela Liga de Outono que xogaramos nos anos 90 moitos, introducía diferentes innovacións como o sistema de puntuación ou de desempates.

A clasificación final foi como segue:

1. XADREZ BETANZOS, 11 puntos

2. MACONDO, 10 puntos

3. TDFC, 9 puntos (13,5 desempate)

4. CIDU, 9 puntos (desempate 12)

5. SIGRAS, 8 puntos

6. ARZUA-CARRAL, 7 puntos

7. XADREZ DAS MARIÑAS, 6 puntos

8. REGATAS PERILLO, 4 puntos

9. XDM INFANTIL, 3 puntos

10. XDM CALASANZ, 1 punto

Podes ver mais fotos no nos Facebook (preme)

Lembramos que este domingo Día de San Xoan hai un torneo amigable de rápidas ás 18,00 no Sporting Club Casino na rúa Real.


19 maio 2019

Fin dun ciclo


Neste mes de maio os noso xogadores do 2005 remataron a súa andaina nos xogos escolares da Xunta, tras facer xuntos os dous anos de alevín (ambos como campións provinciais) e outros dous en categoría infantil (neste caso subcampións provinciais)

Dende que empezamos con este programa de unión en Xadrez das Mariñas, coa colaboración de varios clubs esta foi unha das xeracións mais destacadas.

Hai algunhas preguntas e aspectos que o paso destes rapaces debería levar a meditación na nosa organización.

Por exemplo é evidente que alguén debería cuestionarse (pero lle corresponderá as mulleres facelo) se hai necesidade de xadrez feminino. O noso equipo sempre foi a metade feminino. É necesario manter unha categoría aparte? Estamos indicando que é mais dificil para elas?

Por qué segue sen haber campionato galego?
Desaparecido pola crise non parece que ningúen pense en recuperalo pese ao baixo custo.

É interesante ver que os resultados mellores obtiveronse coa escola con menos de vinte alumnos na Coruña e agora que pasamos do centenar non parece que os resultados mellorasen.

O resto de escolas, nomeadamente Noia o gran rival na provincia nestes catro anos, teñen grupos con moitas mais horas de clase para os rapaces.

Seguramente estes dous últimos puntos sexan dos aspectos mais salientables na organización do vindeiro curso e seguintes. Subir o nivel e aumentar horas.

Periodo de reflexión en que xogadores, pais, monitores e directivos están invitados a aportar propostas.

Pero con todo hai que quedarse coa excepcional labor deste grupo, que podemos ver nas fotografías destes catro ano e nos que habería que engadir outros xogadores, coma os irmáns Anzola, que contribuiron nas fases previas á provincial.

Noraboa a todos e a marcarse novos retos!.