29 abril 2017

Fase intercomarcal

Xadrez das Mariñas participou o sábado 29 na fase intercomarcal. Na categoría infantil quedamos en terceira posición e na categoría alevín en primeira.
Será dificil pero o obxectivo e conseguir de novo o campionato provincial.
E para facilitar a comunicación temos un novo medio... o Facebook.

Preme para ir ao Facebook

25 abril 2017

ESCOLARES

FASE INTERCOMARCAL XADREZ ZONA “CORUÑA”
BENXAMÍN, ALEVÍN e INFANTIL (29/04/2017)
Salón de Actos Complexo Deportivo Elviña I

A fase Intercomarcal de Xadrez Benxamín, Alevín e Infantil, terá lugar o sábado día 29 de abril 2017, no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I, sito na Praza de Agustín Díaz, 1 (A Coruña), en horario de maña: benxamíns de 10:00 a 14.00 horas, e alevíns e infantís de 11.00 a 14.00 horas.

NORMATIVA DA COMPETICIÓN
- O torneo disputarase polo sistema de liga (todos contra todos). Cada encontro constará de 4 partidas.
- A orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo.
- O ritmo de xogo será de 30 minutos por xogador a finish.
- A clasificación final realizarase segundo o número de puntos totais obtidos por cada equipo.
- En caso de empate, prevalecerá o resultado do enfrontamento directo.
- Se persistise o empate, aplicarase o seguinte criterio: puntuación ponderada (por taboleiro): Consistirá en multiplicar o resultado do primeiro taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro será o vencedor.
- Prohíbese a entrada/permanencia na sala de xogo con teléfonos móbiles ou calquera dispositivo electrónico acendido, agás a organización.
- Quedan totalmente prohibidos os comentarios sobre as partidas en xogo, sendo estes penalizables.
- Os/as xogadores/as poderán consultar co seu delegado para abandonos e ofertas de táboas. Deberán avisar previamente ao árbitro, e o delegado deberá contestar de forma lacónica e sen proporcionar información algunha sobre a partida.
- Non se permitirán análises na zona de xogo, podéndose realizar no espazo sinalado a tal efecto.
- Os/as xogadores/as que, por razón xustificada, desexen abandonar a sala de xogo no transcurso das súas partidas, deberán solicitar a autorización do Árbitro.
- Aplicaranse as Normas técnicas de Xadrez do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Todos os aspectos non recollidos neste regulamento regularanse pola normativa FIDE.

EQUIPOS CLASIFICADOS DAS FASES LOCAIS XADREZ

ALEVÍN
ENTIDADES CLASIFICADAS CONCELLO COMARCA
Alexandre Bóveda A Coruña CORUÑA
Xadrez das Mariñas Sada AS MARIÑAS
Club Xadrez Arteixo Arteixo BERGANTIÑOS
Obradoiro A Coruña CORUÑA
VVddd