23 xaneiro 2014

Planificando o novo ano

Tras colaborar na celebración dos torneos provinciais de xadrez a finais de 2013 estamos nestes momentos a planificar as diferentes actuacións en 2014 a través de realizacións propias ou colaborando con outras entidades.

Agardamos que teñamos pronto unha programación para os primeiros meses do ano e anunciar o II Torneo de Xadrez de Mariñán.

22 xaneiro 2014

Xadrez das Mariñas

O Club Xadrez das Mariñas é unha entidade destinada á promoción do xadrez na Comarca das Mariñas.

Os cinco fundadores teñen residencia en cinco concellos distintos das Mariñas (Cambre, Sada, Coruña, Oleiros e Bergondo).

Aínda que a súa fundación e relativamente recente, o 14 de marzo de 2013, posteriormente absorbeu á centenaria Sección de Ajedrez de Artesanos, polo que a entidade sumou como propia a historia desta entidade.

A sede social na fundación marcouse no concello de Sada. En Asemblea de 2023 determinouse o cambio ao concello de Cambre.

O número de inscripción na Xunta de Galicia é: C-11593

O Número de Identificación Fiscal ou CIF é: G70384078